A Voz de Galicia ( 5/01/12)
A lei sanciona a publicidade de ofertas que poidan inducir ao consumo de bebidas alcohólicas tanto a menores como a maiores de idade.
O Concello de Santiago expedientou a unha cadea multinacional de supermercados por ofrecer nun folleto promocional unha rebaixa no prezo de bebidas de alta gradación, infracción contemplada na Lei 11/2010 de prevención do consumo de alcol en menores de idade e que implica unha multa de entre 3.000 e 15.000 euros. Esta norma, impulsada desde a Administración autonómica, non só prohibe a entrada a menores de 18 anos en establecementos onde se sirvan este tipo de bebidas, senón que sanciona a publicidade de ofertas que poidan inducir ao consumo de alcol tanto a menores como a maiores de idade.
O Concello recibiu no último mes este expediente xunto a outro tres denuncias contra locais hostaleiros nos que se segue promocionando o dous por un en copas e as happy hours. Ademais, entre setembro e decembro, uns 40 menores recibiron a correspondente sanción por beber na rúa. «Temos unha liña moi marcada», sinalou Paula Prado, concelleira de Servizos Sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario