O consumo de alcohol é un dos problemas que máis inquieta a sociedade actual e ,máis concretamente, o relacionado co consumo da poboación máis nova xa que expón ás familias, en primeiro termo, e á comunidade a serias preocupacións e dubidas ó redor de que facer e como actuar fronte a este tema.
Dende o ámbito profesional recoñecese que se trata dunha realidade complexa onde conflúen moitos factores (sociais, culturais e económicos) e actores sociais (familia, educadores/as, profesionais de diferentes ámbitos e a comunidade). É un fenómeno global que transcende os ámbitos locais, debido a que os lugares de lecer e de festa sobre todo en épocas estivais cambian de localización.
Coa aprobación e entrada en vigor da LEI GALEGA 11/2010, do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, púxose en man das entidades locais e organizacións de prevención de adiccións o pór en funcionamento e adoptar unha serie de medidas encamiñadas a diminuír a prevalencia e incidencia do consumo de alcohol así como os episodios de intoxicación etílica en menores.
É necesario unha actuación combinada e coordinada entre as distintas entidades e axentes sociais implicados para potenciar unha maior sensibilidade ó consumo de alcohol na mocidade, evitando o uso de estratexias xa empregadas pero pouco efectivas como son a dramatización, a exaxeración das consecuencias negativas, ou a presentación de danos moi graves, pero infrecuentes, que se atopan afastados da realidade da poboación a que se dirixen.
Por outra, parte tamén apelamos á responsabilidade que todos/as e cada un dos destinatarios/as deste programa, dende o seu ámbito, na redución tanto da prevalencia de consumo como das consecuencias negativas ó consumo temperá de alcohol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario